CULTURA

O festival Corpo (a) Terra deixará a cidade por falta de apoio

A organización demanda un "convenio de colaboración sólido e profesional" có Concello

O festival de danza Corpo (a) terra anunciou que a edición deste ano será a última que se celebre na cidade de Ourense debido "á xestión intermitente" do Concello. "Este festival non seguirá neste concello se as cousas non cambian drásticamente. Necesitamos un convenio de colaboración que nos ampare de xeito sólido e profesional", explica Begoña Cuquejo, directora del festival Corpo (a) terra. Dende a organización do festival reclaman a falta de presencia do Concello de Ourense. "A rede cultural está unida e precisamos que as institucións que nos acollen tamén colaboren con nós como se tamén estiveran unidas a nós. A cultura tamén ten que ser recoñecida como o que é, un dereito fundamental", comenta Begoña Cuquejo.

Programación

O festival de danza Corpo (a) terra celebrarase do 27 ao 30 de agosto en Ourense e Allariz. A edición deste ano contará cun espectáculo protagonizado por 32 drons que bailarán no ceo da cidade para concluir esta edición.

"Pedras nas luces" é a novidade deste ano que conta có patrocinio do Xacobeo 2021. Máis de 30 drons serán os novos fogos artificiais que iluminarán o ceo ourensá como remate desta edición. O espectáculo celebrarase a noite do 29 en Ourense. Os drons sobrevolarán o colexio de Salesianos e poderanse ver dende varios lugares da cidade. Un día antes, o 28 de agosto, o evento lumínico estará no campo de Vilanova en Allariz. O espectáculo de drons é unha coproducción entre a empresa Umiles e Central Folque que utiliza música inspirada nos canteiros de Cotobande.

Ademais desta novidade na programación, o festival Corpo (a) terra contará coa presencia de varios artistas como Alejandra Balboa, La Rubia, Nuria Sotelo e  Technocracia. Este ano realizarase unha versión reducida de Enxebre'20 Danza, o programa de formación en danza contemporánea que se celebrará no espazo Xove de Ourense os días 26 e 27 de agosto.

Te puede interesar