“As empresas ían cara ó inglés, pero para nós o galego é a nosa marca'

O operador galego de telecomunicacións por fibra óptica R recibirá o vindeiro domingo 8 de setembro na vila de San Rosendo o 'XXIX Premio Celanova. Casa dos Poetas' que lle otorgou a Fundación Curros Enríquez polo compromiso que, dende a súa fundación no ano 1998, mantivo co noso idioma, coa nosa cultura e coa nosa terra.
O conselleiro delegado da empresa, Arturo Dopico, será o encargado de recoller o galardón, un máis na traxectoria empresarial de R polo seu compromiso ca lingua e co noso país.

O premio é un galardón de carácter honorífico simbolizado nunha medalla de prata coa imaxe da fachada da casa e as letras 'C' (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elíces), da autoría do ourensán Acisclo Manzano, así como nun diploma realizado por poeta e pintor celanovés Baldo Ramos. O acto comenzará as 12,00 horas no Auditorio Municipal Ilduara (Amic) e que contará coa presencia da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera.

Esperábanse recibir este recoñecemento?
Non, para nada, e máis, evidentemente, cando é a primeira vez que o Padroado da Fundación Curros Enríquez acorda concederlle o 'Celanova. Casa dos Poetas' a unha empresa. Para nós é unha honra recibilo, tanto polo feito de que nos elexiran a nós cando no noso país hai unha ampla rede de empresas e, sobretodo, polo que supoñe aparecer ao lado de personaxes tan relevantes da nosa cultura, da nosa historia. É un premio que o viamos máis vencellado ao mundo da cultura, da música ou da arte, e non ó das empresas, polo que estamos moi contentos polo recoñecemento.

Por que cre que lles outorgaron o galardón?
Dende que comezamos, nós fixemos unha aposta por unha absoluta normalidade co respecto ao uso do galego cando, no mundo empresarial, non era algo tan habitual. Ao contrario, a maioría das empresas ían cara ó inglés. Para nós, o galego é unha parte da nosa identidade, da nosa marca e da nosa terra e deste xeito ofrecémosllo aos nosos clientes, que despois teñen a liberdade de elexir. Pero é que a nosa aposta polo galego é total, o seu uso está normalizado en tódolos departamentos, dende as reunións do comité de dirección ata o márketing.

Creen vostedes que foron un pouco pioneiros na normalización do noso idioma no eido empresarial?
Eu penso que sí, con toda a humildade do mundo. O que nós fixemos demostrouse que nón iba en contra dos intereses económicos da empresa senón que, facendo ben as cousas, sucedía todolo contrario. Pasiño a pasiño, penso que se vai avanzando cara a normalización, aínda que todavía queda moito por facer.

Como está o sector das telecomunicacións en Galicia e, máis concretamente, na provincia de Ourense?
O sector das comunicacións en Galicia, como o resto de sectores, está a vivir unha época complicada. No obstante, creemos que despois destes anos de crise ten habido un cambio importante na empresa, motivado pola reducción de prezos de entre un 40 e 50% feito nos últimos dos anos, e cunha resposta moi boa por parte dos nosos clientes. Incrementamos o número de titulares das liñas de móbil, somos o terceiro operador no territorio no cal estamos implantados e, a pesar da situación actual, aumentamos en 12.000 os clientes en fixos. Estamos moi satisfeitos da resposta dos galegos.

Estes días estades traballando na instalación da fibra óptica en Celanova, cando estará en marcha o servizo completo?
No caso concreto do municipio de Celanova, acaba de unirse ao grupo de municipios ourensáns conectados á rede de R e nela xa se investiu preto dun millón de euros para o despregamento da rede de fibra óptica do operador galego. Está previsto que o casco urbano da localidade quede conectado por completo a R a finais do mes de setembro.

Cal é o nivel de implantación de R na provincia de Ourense?
Podemos decir que, arestora, R está presente coa súa rede de fibra óptica nos municipios ourensáns de Allariz, Barbadás, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Celanova, Ourense, O Pereiro de Aguiar, A Rúa, San Cibrao das Viñas, Verín e máis Xinzo de Limia. Está previsto que tamén quede conectada á rede de R a localidade de Ribadavia a peche deste ano 2013. Nestas devanditas 11 localidades conectadas hai máis de 98.000 fogares e empresas preparados para recibir os servizos avanzados de R (teléfono, internet, televisión multicanle e móbilR), dos que preto de 78.000 son fogares e máis de 20.000 empresas. Descontando as vivendas vacías rexistradas na provincia, a día de hoxe, un 27,52% dos fogares ourensanos son clientes de R. En total, o investimento realizado nestas vilas e cidades chega case aos 90 millóns de euros que, a día de hoxe, creemos que é un investimento considerable. Nos últimos 15 años, o investimento feito en toda Galicia alcanza os 1.000 millóns de euros.

En que proxectos están a traballar agora?
Estamos cos novos servizos en materia tecnolóxica. O pasado mes de maio lanzamos ao mercado a televisión en HD, catro ou cinco veces mellor ca TDT, seguimos apostando por novos servizos como a grabación da programación dos últimos sete días. Cara ao remate deste ano, e despois de catro anos ofrecendo internet a 100 megas, imos a lanzar os 200 megas reales.

Te puede interesar