O Auditorio Municipal acolle o domindo día 17 a gala dos premios do audiovisual galego

O espectáculo mandará na entrega dos Mestre Mateo

Fasero, 'Pico', Pérez, Rodríguez, Álvarez e Quintanila momentos antes da presentación.  (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
A entrega dos premios Mestre Mateo contará con dous compoñentes que marcarán o transcorrer do evento.
Serán o 'espectáculo' e a 'austeridade', tal e como sinalou o encargado de conducir a gala, o actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, que o fará xunto á xornalista Belén Regueira. O acto terá lugar en Ourense, por primeira vez dende que arrancaran no ano 2002. Será no Auditorio Municipal o domingo día 17. O espazo cultural acolleu a presentación da gala, na que, ademais de Touriñán, estiveron o director da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Oliveira 'Pico'; o director de Agadic, Juan Carlos Fasero; a concelleira de Cultura, Isabel Pérez; o vicepresidente da Deputación, Plácido Álvarez; o director do Consorcio Audiovisual, Anxo Quintanilla, e o alcalde, Francisco Rodríguez.

Durante a comparecencia, 'Pico' deu a coñecer os gañadores de dous dos premios. O galardón revelación 'Chano Piñeiro' será para o realizador Oliver Laxe, premiado no festival de cine de Cannes. Mentres, o premio de honra 'Fernando Rey', que cada ano se outorga a unha traxectoria senlleira, irá este ano para o actor Luis Tosar. Ámbolos dous recollerán o seu galardón no Auditorio ourensán. Isabel Pérez lembrou que a película '18 comidas', premio especial do xurado no festival de cine de Ourense, está nominada como mellor longametraxe.

Te puede interesar