Fidalgo reclama a Fomento que a autovía de Pontevedra teña un enlace co aeroporto

O número dous na candidatura socialista ao Congreso por Ourense, Alberto Fidalgo, solicitou ao Ministerio de Fomento que no estudio informativo e posterior redacción do proxecto da autovía Pontevedra-Ponteareas se teña en conta a construción dun enlace co aeroporto de Peinador (Vigo), para un acceso máis rápido dende Ourense.
Fidalgo asegurou que o ’dinamismo’ de Vigo e Pontevedra, a súa costa, ós seus portos e aeroportos son un elemento de ’especial interese’ para os ourensanos, así como un ’polo de relación estratéxico’ para toda a provincia, polo que ’é necesaria’ unha mellora ’constante’ das comunicacións e das infraestruturas.

Neste senso, recordou a importancia da chegada do tren de Alta Velocidade (AVE) e do tramo aberto recentemente ’Acceso Centro a Ourense’ dende a autovía A-52, da que asegurou é unha obra cunha inversión de 30 millóns de euros que ’ten que rentabilizarse en beneficio dos cidadáns’. Asimesmo, criticou que foi o Partido Popular, cando gobernaba no Concello de Ourense, o que decidiu hai dez anos o actual trazado do Acceso Centro e tivo tempo para planificar os fluxos de tráfico na cidade pero ’non o fixo’, polo que agora o novo Goberno municipal ten que corrixir a ’falta de previsión’.

Por último, recordou que coas ’grandes’ infraestruturas se pretende mellorar a ’calidade de vida’ dos cidadáns’.

Te puede interesar