Nunca perdeu o contacto con Ourense, ainda que se marchou deiquí sendo estudante de bacharelato e non voltou.Docente e xestor universitario, pertence á unha xeración escollida que naceu á vida no Monte Medo.

Galicia como filosofía de vida

Naceu un 8 de marzo, 'día da Muller Traballadora; foi coma un sino, para que polo menos aquil día a miña nai deixara de traballar, ainda que esa chegada trouxelle máis traballos', dí, mentras lembra que foi 'a escola de don Juan, que chegou a Vilariño en 1928 e xubilouse coarenta anos despois no mesmo sitio'. Alí estuvo ata que ós 13 anos o mandaron para Os Milagros, que era 'unha especie de seminario', semilleiro de paúles. Á pregunta de si iba para cura, dí que 'todos tiñamos vocación, menos un compañeiro que cando lle preguntaban, respostaba que quería ser ferreiro. Botárono, e acabou sendo ferreiro'.
Nos Milagros entrou por 'influencia do cura da parroquia e tamén por economía', xa que era a única vía para que os fillos dos pobres poidesen estudar. Alí permañeceu ata quinto de bachiller; logo foise para Vigo con catro compañeiros e un grupo de paúles. Os 'tutores eran curas obreiros que simbolizban a apertura da Igrexa.Con iles fixemos sexto de bachiller e COU'. Dende alí pasou, cos compañeiros a Santiago, onde fixo Filosofía.

Non se fixo cura, pero admite que a proximidade dos frades marcouno de xeito decisivo. 'Tivo unha gran influencia na miña vida; tanta, que non me concibo a min mesmo sin aquela época, tanto a nivel humano como no sentido vital de entender Galicia como o universo onde nacín e no que quero morrer, con todas as consecuencias'.

Antón Fernández é un tipo profundo dentro dunha apariencia sinxela. Pertence a unha extraordinaria xeneración de xóvenes que mamaron da sabiduría que irradiaban Emilio Graña e Manolo Peleteiro co seu equipo docente nos Milagros durante os primeiros anos setenta, baseado na estimulación da autoestima dos rapaces e o valor do propio. 'Foron catalizadores dun cambio total na concepción da vida do colexio, do ensino e da aceptación do galego, ademáis de valorar o medio do que procedíamos'. (Antes, había un cura navarro que para insultalos espetáballes sempre en tono despectivo pastores¡, sin que saiba ainda hoxe o porqué de tal animadversión hacia unha labor que no pobo e na casa de Antón formaban parte da vida mesma).

Cos líderes daquil movemento e cos compañeiros criaron unha relación de amizade e proximidade que ainda os une despois de tanto tempo, en boa medida gracias ós oficios de Luis Alfonso Vázquez, médico de Coles, e antes de Cea.

Da ligazón da idea Bieito Seara, un dos compoñentes, cando se lle pregunta por Antón. 'Cal, o noso?', dí para referirse ó vello amigo.

Rematada a carreira tivo o seu primeiro traballo como educador no colexio rexional de xordos. 'Estaba en San Caetano, ainda que agora hai máis xordos alí que daquela'. En 1986 entrou na Universidade como profesor axudante e logo ganou a plaza de titular de Ética en Maxisterio en Pontevedra. A esa cidade sigue ainda vencellado, pois imparte clase na facultade de Ciencias da Educación e do Deporte ó tempo que ostenta a representación da Universidade de Vigo na Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG).

O formiguillo da participación foino levando a aportar o seu grao de area na xestión académica a beira de colectivos nacionalistas, pero alleo á militancia política. Primeiro na Escola de Maxisterio pontevedresa e despois como vicerrector de Titulacións, Postgrao e Formación Permanente, no equipo de Domingo Docampo. Co actual rector, Salustiano Mato, estivo tres anos ó frente do servicio de Recursos Humáns de I+D+i, pertencente á Consellería de Industria.

Con toda esa actividade e carecendo de carné de conducir, resulta difícil imaxinalo sempre en Santiago, pero consígueo. 'Ir dun lado a outro é unha constante na miña vida, pois nacín en Ourense, logo estudei en Vigo, despois en Santiago, traballo en Pontevedra, caseime en Ferrol -desa unión naceron duas fillas- e vivo en Santiago'. Tampouco encaixa co vello estereotipo que representaba ós filósofos como persoaxes de xesto severo, pechados e taciturnos. Ó contrario, gústalle a poesía, ca que gañou premios nos tempos mozos, e tamén a música. De feito, preside dende fai catro anos a casi centenaria (1920) agrupación folclórica Cantigas e Agarimos, de Santiago.

Te puede interesar