'Mar libre' é unha miniserie de aventuras ambientada no século XVIII na costa galega

Galicia recupera a súa historia gracias á ficción

O actor William Miller, o director Dani de la Torre e a productora Mamen Quintas.
As complicacións que poden xurdir nunha rodaxe calquera multiplícanse cando se trata dunha cinta de época, e de eso pode dar boa conta o equipo de 'Mar Libre', un proxecto de Ficción Producciones que foi pensado nun principio como longametraxe pero que terminou por convertirse nunha telemovie de dous capítulos. E antes do éxito que promete acadar na TVG e en TV3, as dúas canles que de momento a van emitir, onte foi proxectada en Ourense.
É unha película histórica, ambientada no século XVIII, que narra un episodio relevante da historia de Galicia, pero que moitos descubrirán gracias a este traballo; ademais reúne os ingredientes precisos para enganchar ao público, aventuras, acción e romance.


O ARGUMENTO

'Mar Libre' desenvolve a súa historia no 1789, coa chegada de Anxo a súa vila, un capitán da Armada que volta castigado cun consello de guerra, e descubre como os fomentadores cataláns e a implantación das fábricas de salgadura teñen sometidos aos mariñeiros da costa a unha férrea dictadura, xa que todos teñen que traballar para eles. Anxo rebélase contra esa tiranía e axudado polos pescadores lidera unha revolta contra o fomentador que o goberna todo, ao mesmo tempo que se namora da súa filla, co que se agravan os conflictos. Xurde o amor, aparece a paixón, hai morte, ambición, odio, todo ese compendio de elementos que esixen as películas de aventuras.

O equipo quixo facer una especie de Robin Hood ou do Zorro, un bandoleiro, pero cunha historia nosa, a do rebelde que se xunta coa clase máis pobre para encabezar unha revolta.

Rodada en Galicia, unha das súas virtudes é que o 80% son escenarios naturais, non hai platós, é o que permitiu acadar unha maior credibilidade é que o espectador crea o que está vendo.

Así, elexíronse lugares que tiñan que encaixar cos de aquela época, como a praia de Carnota, Ancoradoiro, Boca do Río, a illa de Sálvora, onde todavía se conserva unha fábrica do século XVIII, e tamén no Pazo de Pousadoiro, en Redondela, feito por un fomentador catalán. O que se pretendía era facer tamén un pouco de patria ao contar un episodio sucedido en Galicia amosando a riqueza e a fermosura da súa paisaxe.

E a eses atractivos paixasísticos hai que engadirlle outro, o do actor William Miller, protagonista da cinta na que tamén participan Luis Zahera ou María Vázquez.

Te puede interesar