LETRAS GALEGAS

As historias escolares dun lugar de Galicia

Ourense. 20-05-16. Local.  Entrega de premios polo día das letras galegas, na praza de San Martiño.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Os estudantes participantes no retardado acto do Día das Letras Galegas.

A entrega de premios do concurso de microrrelatos organizado polo Concello serviu onte para reunir a un bó número de escolares e para rendir homenaxe ás paisaxes de  Galicia e ao poeta Manuel María, polo Día das Letras

Nun lugar de Galicia, unha fraga dos arrededores de Ourense.... Dise que algunhas persoas son quen de escoitar o que outros non podemos nin presentir. Chamámoslles tolos". Con esas verbas arranca o relato "O tolo da natureza", de Clara Inés González Gómez, alumna do colexio Guillelme Brown, gañadora na  modalidade de Educación Secundaria do carto Certame de Microrrelato on line, organizado polo Concello de Ourense e convocado baixo o lema "Nun lugar de Galiza".

A outra gañadora, na modalidade de Educación Primaria, foi Esther Agudo Calvelo  do centro Virxe de Covadonga polo microrrelato "A raíña de Galiza" que remata cos versos: “Raíña de Galiza/ onde estás?/Aquí estou eu/e te quero atopar.” Dúas mulleres para dous premios, nun concurso no que se presentaron 22 traballos de cinco centros de ensino da cidade.

O acto de entrega tivo lugar onte na Praza de San Martiño, nun evento que, ademais, serviu para lembrar o Día das Letras Galegas, e ao que asistiron 180 estudantes de 5º  e 6º de Educación Primaria e de 1º curso da ESO, procedentes  de catro centros de ensino da cidade: CEIP Virxe de Covadonga, CPR San José, CPR A Purísima e CPR Guillelme Brown.

A concelleira de Educación e Cultura, Belén Iglesias, foi a encargada de entregar os agasallos ás autoras gañadoras deste certame, que, aínda con moitos nervios, fixeron unha lectura pública dos seus traballos.

Ademáis do acto máis literario e creativo da mañá e da entrega de agasallos, os estudantes presentes tamén rendiron homenaxe ao poeta lucense Manuel María,  protagonista do Día das Letras Galegas neste ano. Os presentes leron e cantaron distintos poemas do autor, e tamén tiveron animación musical coa actuación en directo dunha pandereteira que interpretou varias pezas na Praza de San Martiño.

Os participantes disfrutaron no só dunha xornada sen clases, sentón tamén da súa lingua e da cultura galega.

Te puede interesar