Jesús Vázquez: "Existe un compromiso verbal da Xunta para dar solucións neste mes"

Ourense. 15-12-16. Local. Rolda de imprensa do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O alcalde Jesús Vázquez nunha rolda de prensa.

O alcalde de Ourense mostrou o seu apoio ás familias a pesar das críticas da oposición e confirmou que o centro PROCAP estará enriba da mesa na reunión co presidente da Xunta de Galicia

O alcalde reiterou "todo o seu apoio" aos pais, pero insistiu na súa intención de "buscar un punto de diálogo" entre as familias e a Consellería de Política Social.

Neste sentido, confirmou que o centro PROCAP "será un dos temas a traballar" nunha reunión que manterá co presidente da Xunta, que é consciente de que "existe unha total predisposición" a falar cos pais.

Así, recordou que hai un mes o conselleiro "recolleu a luva" da plataforma para traballar nun novo proxecto e que existe un "compromiso verbal" de Rey Varela para "dar solucións neste mes".

Vázquez confirmou que na actualidade "se está a traballar en distintas opcións" e buscando "novas disponibilidades de terreo", xa que a situación presentada inicialmente non permite a oferta de tantas prazas como solicita a plataforma.

Respecto á reclamación dun servizo de xestión pública do centro, o alcalde sinalou que pais e conselleiro "terán que falar e tratar", aínda que "hai un compromiso por parte da consellería para dar esa resposta en canto se poida levar a cabo".

Te puede interesar