Adega Durán e Emilo Docampo, premiados cos Bacelos de Prata

A lingua identifica os viños galegos de calidade

Os dous galardoados cos Premios Bacelos de Prata, que por séptimo ano consecutivo otorgou a Asociación Álvaro das Casas, non conciben outra maneira de etiquetar os seus viños máis ca en galego. Así o manifestaban Roque Durán, xerente de Adega Durán SL (Rías Baixas), e Emilio Docampo Diéguez (da denominación Ribeiro) no transcurso do acto que se celebrou onte no Pazo dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), onde recibieron os bacelos de mans do fiscal superior de Galicia, Carlos Varela, e o secretario xeral de Política Linguistica, Anxo Lorenzo.
A conxuga do etiquetaxe en galego e a calidade do producto marca a pauta na selección dos premiados. Desta maneira, a secretaria da entidade organizadora, Carmen Pérez, era a primeira en referirse a sinal de identidade que imprime o idioma a hora de mercalizar un producto, neste caso os viños "Vento Mareiro" e "Terra de Asorei", íntegramente albariño das Rías Baixas, e "Casal de Paula" e "Viña Diéguez", elaborados coa variedade treixadura do Ribeiro, e tamén o tinto "Senso Vadío" do mesmo colleiteiro.

O presidente da asociación, Avelino Muleiro, eloxiou ós empresarios "capaces de poñer en valor os recursos da nosa terra", e animounos a seguir elaborando viños de calidade. Mentras Anxo Lorenzo, sinalaba que "o galego dignifica os nosos productos, queremos que onde vaia o noso viño vaia a nosa lingua".

Xosé González, membro da asociación, diu lectura á acta do xurado, na que se anima ós productores a recuperar o viño tostado, a seguir apostando pola calidade e a etiquetar en galego.

O colleiteiro Emilio Docampo agradecía o premio e manifestaba que "ca etiquetaxe estoulle dando o meu viño un valor engadido no mercado fora do país, porque os productos galegos son sinónimo de calidade". Roque Durán mostrouse preocupado polo prestixio do idioma, que nestes intres, indicou que está "afectado, e eso tamén afecta ó mercado". "Apostamos polo galego como unha forma de estar no mercado diferenciándonos e ofertando calidade", matizou.

O acto remataba coa Coral de Leiro interpretando o himno galego e a degustación dos viños galardoados.

Te puede interesar