María Quintas acusa o PP de non cumprir o pacto antitransfuguismo

María Quintas y Eladio Osorio, en la rueda de prensa. (Foto: MIGUEL ÁNGEL)
María Quintas, secretaria de Organización do PSdeG de Ourense e Eladio Osorio, secretario de Acción Electoral esixiron onte que o Partido Popular 'cumpra co Pacto Antitransfuguismo de cara a garantir un proceso democrático limpo de cara as municipais'. Quintas sinalou que na provincia de Ourense hai dous casos claros de transfuguismo 'e de incumprimento do Pacto, Trives e Calvos de Randín'.
Quintas lembrou que o pacto antitransfuguismo obriga de forma inmediata a expulsar do partido a persoa, a cal participa en este tipo de proceso, polo que esíxelle 'o señor Baltar, que explique porque estes concelleiros de Trives declarados tránsfugas, e supostamente expulsados do PP, como el mesmo anunciou, curiosamente foron copromisarios no congreso de Ourense'. Ademáis, acusou a Baltar de mentir cando anunciou que estas persoas estaban expulsados das filas do PP, e vaian de compromisarios, xa que iso implica que seguen sendo militantes.

Te puede interesar