Marnotes confirma ós socialistas que renuncia á extra

O PSdeG solicitará do alcalde do Carballiño, Argimiro Marnotes, que renuncie os seus emolumentos da paga extra do Nadal e concorde asi con outros rexidores desta provincia que xa fixeron pública a súa intención de levalo a cabo. A cantidade que lle afecta ó alcalde é de 2.330 euros, ó que habería que engadir o soldo mensual de 2.831 euros e os 800 euros que cobra da Deputación en concepto de dietas e desprazamentos. 'Polo tanto, a asignación total que tería o alcalde este mes sería de 6.000 euros', no caso de que non renuncie a paga extraordinaria, conclúen os socialistas.
O rexedor, Argimiro Marnotes, ya contestaba onte á solicitude da oposición, manifestando que xa renunciou a referida paga, que espera ó igual que os traballadores que algún día se poda recuperar, e insistindo en que non dixo nada porque 'non quero facer política con este asunto como fan outros que anuncian a renuncia a cobrar', matizou.

Te puede interesar