MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente colaborará para reurbanizar a rúa da Fonte da Peroxa

A Consellería tamén ofreceu ao alcalde, Manuel Seoane, unha gaiola trampa  para frear os ataques do xabarín

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda,comprometeuse a analizar a colaboración das obras  para reurbanizar e humanizar a rúa da Fonte e unhas prazas lindeiras á mesma no concello da Peroxa. A titular deste departamento da Xunta, Ángeles Vázquez, trasmitiulle onte ao alcalde dese municipio, Manuel Seoane, o apoio a este proxecto no núcleo urbano peroxao. 

En materia urbanística, Medio Ambiente colabora desde hai anos no desenvolvemento de intervencións para frear o despoboamento, potenciar as infraestruturas, os servizos e os equipamentos municipais. "O  Concello da Peroxa podería encaixar nestes programas", sinalou Vázquez ante o rexedor. 

Outra das preocupacións mostradas por Manuel Seoane foi o dano que está a causar o xabarín nos agricultores do municipio, especialmente ligados ao sector vitivinícola. 


Gaiolas trampa


Neste senso, a titular de Medio Ambiente, que mostrou a súa "máxima preocupación" neste asunto,  propúxolle a posibilidade de ofrecerlle aos viticultores afectados por incursións de xabarís algunha das gaiolas  trampa das que dispón a consellería desde o mes de marzo, un novo método selectivos de captura. 

Te puede interesar