O Museo do Viño abre as súas portas o domingo

Os responsables do Museo Etnolóxico de Ribadavia e da Oficiña Municipal de Turismo retrasaron ata o vindeiro domingo a apertura do futuro Museo Galego do Viño para as visitas, que organiza a Xunta. Se ben tiñan previsto que a antiga rectoral da parroquia de Santo André poidese abrir as súas portas na xornada de onte, a falta de tempo suficiente para organizar as rutas aconsellou retrasar estas ata a xornada dominical.
Deste xeito, según anunciaron onte dende a Asociación de Amigos do Museo Etnolóxico, a primeira das visitas guiadas levarase a cabo ás 12.00 horas, con saída dun autocar fronte ó Castelo dos Sarmiento, se ben os participantes deberán inscribirse previamente nos dous departamentos antes citados.

Os guías da asociación serán os encargados de amosar ós visitantes rehabilitación feita no edificio, que data de finais do século XVIII, os planos da propia rectoral, e explicarán de xeito resumido o proxecto museográfico correspondente a cada planta. As rutas manteranse nos vindeiros meses de agosto e setembro.

Te puede interesar