O novo CIM de Pereiro de Aguiar reforza a atención á muller en Ourense

photo_camera María Jesús Lorenzana participa en la inauguración del Centro de Información a la Mujer (CIM) en Padre Feijoo (plaza del Concello)
Xunto con de Carballeda de Avia, tamén novo, permite contar na provincia con 17 centros de este tipo que posibilitan a atención en 59 concellos ourensáns

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na inauguración do Centro de Información á Muller (CIM) Padre Feijóo de Pereiro de Aguiar que, xunto ao de Carballeda de Avia (tamén novo), permite contar na provincia de Ourense con 17 CIMs e 84 en toda Galicia.

Os dous novos centros tamén posibilitan a atención en 58 concellos ourensáns, xa que, por exemplo, o de Pereiro de Aguiar agrupa ás localidades de Esgos, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz e Parada de Sil. “Todos estes centros suman esforzos e proporcionan unha atención específica e especializada ás mulleres de Ourense”, apuntou Lorenzana.

O CIM Padre Feijóo xa atendeu medio centenar de consultas relacionadas co asesoramento xurídico, psicolóxico, información de recursos e atención á vítimas de violencia de xénero. Neste sentido, a conselleira puxo en valor o traballado diario que realiza o persoal dos centros de información á muller e destacou que no ámbito da violencia de xénero ofrecen recursos de prevención e sensibilización, dous eixos nos que, en palabras de Lorenzana, xira a política da Xunta para loitar contra esta lacra social.

Sinalou que o apoio da Xunta a estes centros é, polo tanto, “prioritario”, xa que ofrecen unha axuda próxima ás mulleres e, por iso, indicou que o Goberno galego leva investidos case 27 millóns de euros aos CIMs nos últimos 7 anos, ofrecendo servizos a unha media de 9.100 mulleres ao ano.

Te puede interesar