Ourense acollerá ao mellor do banda deseñada nacional

As Xornadas de Banda Deseñada 2009 incluirán entre os artistas invitados a esta edición a nomes como Juanjo Sáez e Miguel Brieva, dúas das personalidades máis sobresaíntes do panorama nacional. Asemade, o ourensán David Rubín será protagonista dunha mostra de orixinais.
As Xornadas de Banda Deseñada 2009, organizada pola Casa da Xuventude de Ourense, terá entre os convidados á edición deste ano, entre o 1 e o 18 de outubro, a Miguel Brieva (Sevilla, 1974), artista cun estilo mordaz que se reflicte nas súas obras máis sobresaíntes. Parte destas páxinas e das súas colaboracións en medios como El Jueves, La Vanguardia, El País ou Rolling Stones, aparecerán na mostra elixida para as xornadas de 2009.

Xunto a Brieva, acudirá Juanjo Sáez (Barcelona, 1972), autor de libros como ‘Viviendo del cuento’ ou ‘El Arte, conversaciones imaginarias con mi padre’.

‘Cuaderno de tormentas’, o último libro do ourensán David Rubín, será protagonista dunha mostra de orixinais. A presenza autóctona non remata aquí, xa que varios autores galegos están incluídos na mostra colectiva ‘Fanzine Enfermo’ así como no Certame de Cómic e Ilustración Injuve.

A primeira reúne a unha vintena de debuxantes españois e foráneos que se deron cita na revista homónima, unha publicación independente que en 2008 gañou o premio ao mellor fanzine do Salón do Cómic de Barcelona. Inclúense traballos de Alberto Vázquez, Jorge Parras, Iván Brunetti, Clara-Tanit ou Sascha Hommer, entre outros.


Te puede interesar