OUTONO FOTOGRÁFICO

Una de las imágenes de la exposición. (Foto: José Paz)
’Futillos’, de Xacobe Meléndrez. En Torga, até o 30.
A ninguén se lle escapa que o fútbol é cousa moi seria e trascendente. Luns, martes, mércores... tódolos días pendentes duns señores correndo como tolos detrás dunha pelota, e non son nenos, estes faríano dun xeito mais lúdico. Cando xogan, todos atentos ao partido, perdón, ao resultado, hainos que o toman tan a peito que cando non botan foguetes pola victoria dos seus, caen na depresión ante o derrota. Informativos especiais dan cobertura da vida e obra dos xogadores, de calquera categoría, incluso cando están de vacacións. Pero como apuntaba Bergson, o filósofo, para quen o ideal na vida, igual que para os futboleiros, era que esta non tivera xamais un repouso, tal vez a saúde si que necesite uns momentos de receso, instantes nos que debuxar un sorriso, e deixarmos da seriedade dos 90 minutos, das débedas dos equipos ou dos problemas sentimentais dalgúns xogadores.

Te puede interesar