OUTONO FOTOGRÁFICO

Una de las imágenes de la muestra. (Foto: José Paz)
’Camiño, foto e palabra’, de Juan Rúa. Na sala de Caixanova do Barco de Valdeorras, do 16 ao 30 de novembro.
Decatámonos estes días que para Google o Camiño de Santiago non é un camiño ‘espiritual’ tal como o coñecemos, senon unha serie de albergues a pé de estrada. A consecuencia deso o Xaconeo, léase, quen paga o traballo, síntese enganado. O camiño virtual de google, fíxose co seu afamado ‘Street View’, un coche cunha especie de telescopio pendurado do teito que agora recoñecemos despois de velo por Galicia adiante; o coche, como é lóxico, percorreu a ruta afastado dos tradicionais camiños que lle dan sentido e recollemento. A Xunta síntese agora decepcionada polo resultado, e todos nós tamén, pero por outra banda, non imaxino para un coche unha forma de facelo camiño que non fora esa de ir pola estrada. A Xunta admite un erro de concepto, pois eso, que os de Google entenderon que o Camiño consistía nunha serie de monumentos e albergues que se o fas a pé atoparalos cheos.

Te puede interesar