Outono Fotográfico

“Choque de Pigargos”, de Antoni Kasprzak.
No corazón da noite tódolos animais descansan acazapados nos niños,. Aínda resoan no ar os ecos do espanto, os lamentos baldíos que estremeceron a todos.
Fai pouco que o máis forte recolleu a coroa de espiñas que anuncia o seu reinado. Na frondosidade da foresta a escuridade relame as feridas que tinguiron de sangue uns corpos orgullosos. Non hai lamentos, nin rancor, nin odio. O cheiro das feridas segue a ser nauseabundo, o sangue derramado avanza caudaloso no río da memoria colectiva. Xamais despois da batalla os vivos sentiron compaixón polos mortos. Seguen a representar o papel encomendado coa mesma enteireza e entusiasmo que ao principio dos tempos. Con toda seguridade a batalla de mañá volverá a ser cruenta.

“Choque de Pigargos”, de Antoni Kasprzak. En Fotógrafos da natureza, Centro Social Caixanova, até o 13 de decembro.

Te puede interesar