MAXIA

As “palabras máxicas" chegarán á provincia

Dani García ofrece unha proposta na  que o público xoga un papel destacado, ata ol punto de que son os espectadores os que determinen o guión e axuden ao protagonista a superar unha serie de retos

As festas de San Ciriaco de Xinzo de Limia e a Virxe do Portal de Ribadavia serán as paradas ourensás do espectáculo "Palabras máxicas" que a Xunta puxo en marcha, dentro da sua proposta veraniega "Galicia Culturea".

O espectáculo de maxia de Dani García ofrece unha proposta na  que o público xoga un papel destacado, ata ol punto de que son os espectadores os que determinen o guión e axuden ao protagonista a superar unha serie de retos que o farán digno dun magnífico sombreiro de mago.

Esta nova iniciativa foi presentada onte en Melide polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen destacou que "o obxectivo deste tipo de iniciativas  e que a lingua galega teña un papel destacado nos programas e nas festas do verán, visibilidade nas rúas, nas prazas e nos emprazamentos máis céntricos e amplas posibilidades para ofrecer propostas ao gusto de todos os públicos". En total, serán vinte concellos os que participen desta proposta. 

Te puede interesar