Piñor ofrece un curso gratis para obter o título da ESO por libre

Unha vez rematados os exames de setembro convocados pola Xunta para a obtención da ESO por libre, o Concello de Piñor abre un novo prazo de inscrición para as persoas que sigan interesadas no curso de preparación das devanditas probas, que é totalmente gratuito.
Durante todo este ano, o Concello de Piñor estivo preparando ó alumnado para poder presentarse ás diferentes convocatorias.
Trátase dunha actividade formativa dirixida a adultos que se ofrece dende hai varios anos de xeito consecutivo, que permite que toda aquela persoa que non puidera obter a ESO no seu momento poda prepararse para aprobar os exames e obter dito certificado, con tódalas portas formativas e laborais que lle vai permitir abrir.
Este ano 2013 contouse coa axuda da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria . O novo curso iniciase o vindeiro 1 de outubro. O horario será os martes e xoves de 19,30 a 21,30 horas. Os beneficiarios serán persoas maiores de 18 anos que non teñan o Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.

Te puede interesar