O PP de Vilar de Santos urxe un cambio político que 'abra as portas do Concello'

Manuel Baltar, con los miembros del PP de Vilar de Santos.
Manuel Baltar, presidente do PP de Ourense, mantivo o sábado en Vilar de Santos unha xuntanza coa militancia popular para abordar a situación política nese concello. 'O PP presentará unha candidatura potente en Vilar de Santos, cun programa electoral para cumprir e afastarse do fume e propaganda destas décadas de goberno nacionalista' sinalou Manuel Baltar, quen agradeceu o traballo dos afiliados populares nese concello. Dixo Baltar que o proxecto político nacionalista está 'debilitado, desnortado e fracasado' tralo seu paso nefasto polo executivo autonómico, e cunha perda constante de apoios.
Na xuntanza o concelleiro popular Roberto Carlos Gómez Nogueiras explicou a necesidade de ilusionar ao electorado cunha nova forma de facer política 'que abra as portas do concello para que corra o aire e que Vilar de Santos non siga sendo o reino da intransixencia como ata o de agora'.

Te puede interesar