O PPdeG pide á Xunta ‘a dilixencia necesaria’ no deseño do plan en Ourense

O PPdeG reclama á Xunta explicacions sobre as actuacións levadas a cabo estes tres anos sobre o Plan de Transporte Metropolitano de Ourense e pídelle a ‘dilixencia necesaria’ para que neste ano teña listo o seu deseño e soporte orzamentario para activalo a principios de 2009.
O PPdeG rexistrou no Parlamento galego unha pregunta para demandar da Consellería de Política Territorial unha explicación detallada sobre a situación do Plan de Transporte Metropolitano de Ourense.

Esta iniciativa responde á falta de información da que dispoñen os ‘populares’ porque, din, foilles negada ata o de agora, res pondendo ‘con evasivas e sen concretar’ nada do contido e situación deste proxecto. Neste senso, o deputado do PP, Antonio Rodríguez Miranda, pide que se aclare se o Plan vai a afectar a oito concellos, como manifestou no seu día a Xunta, ou ben 15 como expresou con posterioridade o tenente de alcalde de Ourense, Alexandre Sánchez. Nesta liña, arremete contra o político nacionalista por ‘enganar ós veciños, tratando de apuntarse méritos que non lle correspondían’, en relación a una intervención no mes de marzo na que, di, asegurou que Ourense e o seu contorno ían ter transporte metropolitano ‘pero a realidade desmínteo’. Segundo o PP, a consellería terá que explicar por qué non aportou ó Parlamento a documentación da que dispón en relación co Transporte Metropolitano de Ourense como lle solicitou Rodríguez Miranda, que sospeita que se debe a que a Xunta non tramitou documento algún neste anos.


Te puede interesar