Os xardíns de Ourense

Praza Diego González Blanco

18.01.16.OURENSE.O VINTEUN.PLAZA DIEGO GONZALEZ BLANCO.
photo_camera Entre as dotacións deste parque figura unha zona de xogos infantís.

Entre as dotacións deste parque figura unha zona de xogos infantís

A avenida de Santiago constitúe o eixo transversal da populosa barriada do Vinteún. A súa importancia dentro do desenrolo da cidade atópase asegurada por formar parte tanto dun dos punto de entrada como de saída da capital das Burgas, ao que se suma a importancia de contar co único polígono industrial existente na cidade, constituído por unha destacable actividade industrial que aglutina a empresas de diversos sectores, tanto industriais como de orde terciario e de servizos, o que produciu un importante desenrolo do sector urbanístico, sobre todo a partir da década dos noventa.

No ánimo de potenciar esta importante zona economicamente, unha das mais activas da cidade, o Concello de Ourense iniciou unha serie de medidas tendentes a mellorar e dinamizar esta popular zona, en orde a unha mellor calidade de vida dos seus veciños; iso si, sen esquecer as súas sinais de identidade propia. 

parque_diego_gonzalez_blanco_resultO inaugurado recentemente parque de Santa Teresita. ao que se suma a praza Diego González Blanco, son boa proba da modernización desta zona cercana á Ponte. 
O pentagonal espazo verde ou zona axardinada da praza de Diego González Blanco, cinguida pola avenida de Santiago, a rúa María Soledad de la Cruz, río Xares e Mao, ocupa unha superficie aproximada duns 5.500 metros cadrados. Partindo da parte central, no que ten asentamento unha fonte circular alimentada por cinco surtidores controlados por un areómetro, parten catro pasos radiais que permiten un sosegado paseo entre os cinco triangulares parterres. O parque atópase totalmente cinguido na totalidade das súas caras por edificacións construídas en bloque. 

Na parte superior existe un espazo infantil pechado con varandas de ferro que contén os diferentes elementos constituíntes característicos destes espazos: randeeira, tobogáns, mesas de xogo e pimpón. Así mesmo é destacable neste mesmo espazo un areeiro dedicado aos mais cativos. 
Liquindámbar, pertecente á forma biolóxica dos árbores caducifolios; cedros do Himalaia e do Atlas e un exemplar da oliveira, os tres da familia dos perennifolios, complementados por diversos exemplares de arbusto como o mirto, decoran este ben situado e concorrido parque da zona periférica da cidade. 

Te puede interesar