Un premio por difundir o galego a través do viño

Unha adega de Valdeorras e outra das Rías Baixas foron as premiadas nesta edición dos premios Bacelos de Prata, que concede a Asociación Álvaro das Casas a empresas do sector vitivinícola pola utilización e difusión da lingua galega nas súas actividades empresariais.
A ‘Adega Quinta Couselo S.L.’, da denominación de orixe Rías Baixas, e a ‘Adega O Casal, S.A.T.’, da denominación de orixe Valdeorras, foron as premiadas na cuarta edición dos pre mios Bacelos de Prata, que concede a Asociación Álvaro das Casas polo fomento do galego. O xurado decidiu onte os premios, no pazo de Esposende de Ribadavia, e salienta dos galardonados a utilización da lingua galega desde o inicio das súas acti vidades empresariais, na etiquetaxe e na publicidade das súas marcas.

Da adega Quinta Couselo salienta o xurado o seu ‘compromiso na aposta de utilización do noso idioma como sinal de identidade que reforza a vinculación coa terra. O seu exemplo provoca adhesións ó proceso galeguizador iniciado no sector vinícola e traspasa ese afán de uti lización dos nosos valores culturais á sociedade’. Da adega O Casal, o xurado valora tamén a súa utilización das castes godello e mencía, así como a súa ‘aposta persoal na recuperación dunha maneira de cultivo e dunha contorna xeográfica que define un determinado lugar de orixe’. O xurado considera que ‘o orgullo co que aposta por un viño de calidade, en galego, é fundamental para espallar a riqueza da nosa lingua e cultura’.


Te puede interesar