Protección Civil despide en Barbadás o II Paseo da Saúde

A demostración de material e vehículos estivo dirixida ao alumnado de tres colexios e á asociación As Burgas

Os membros de Protección Civil de Barbadás foron os protagonistas do día grande do II Paseo da Saúde. Tras varias xornadas de obradoiros de concienciación por parte das 15 asociacións que este ano participaron na iniciativa, onte foi esta agrupación de voluntarios a que expuxeron as súas ferramentas e explicaron como é o seu día a día. Ademais, onte pasáronse pola avenida de Celanova da Valenzá o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel.

Pola mañá foi momento dunha charla didáctica sobre o funcionamento deste colectivo de voluntarios, responsable de labores preventivas e de coordinación, ademais de colaborar coas forzas de seguridade cando ocorre algún accidente. Tamén pola mañá, houbo unha exhibición de material e equipos de intervención e de vehículos para o alumnado de tres centros educativos: CEIP O Ruxidoiro, CEIP Filomena Dato e CEIP Luis Vives, ademais da Asociación As Burgas. Pola tarde, houbo unha xornada de portas abertas, coa mesma demostración de material e de vehículos.

Para estas actividades, Protección Civil montou unha carpa das que empregan nas emerxencias, ademais de impartir un obradoiro de primerios auxilios e RCP.

Te puede interesar