Política

O PSdeG pide que se afonde no acontecido nas residencias de maiores

Os socialistas impulsan dúas mocións coas que pretenden "clarexar as causas e non buscar culpables" para que estes "graves feitos non volvan ocorrer"

O PSdeG-PSOE esixirá que o Concello e a Deputación de Ourense esixan ao Parlamento de Galicia a creación dunha comisión de investigación sobre a xestión das residencias de maiores do goberno da Xunta de Galicia por mor da crise do coronavirus. Os socialistas impulsan dúas mocións coas que pretenden "clarexar as causas e non buscar culpables" para que estes "graves feitos non volvan ocorrer". 

Marina Ortega, candidata ao Parlamento de Galicia e responsable de política social do PSdeG, asegura que o acontecido foi o "maior agravio", xa que as residencias "foron o foco" da metade dos falecementos. Recordou que as competencias "foron, son e sempre serán da Xunta" e sinalou que o problema é a consecuencia da política do goberno autonómico neste eido, a política "da privatización".

A edil no Concello de Ourense Concha García Lozano lembrou que o decreto do estado de alarma "non exime ás comunidades das súas responsabilidades".

Por outra banda, o voceiro dos socialistas, Rafael Villarino, aseverou que o presidente da Xunta está levando a sanidade e a política social a "unha auténtica debacle", reforzando así a necesidade da creación da devendita comisión de investigación. Villarino considerou que a actuación en Ourense foi "lamentable e baseada na ocultación de información ata que se viron desbordados". 

Te puede interesar