Hilda Fernández, escritora

'Quero que a xente vexa como me sinto coa política e a sociedade'

Hilda Fernández, en la imagen. (Foto: LR.)
Hilda Fernández é unha moza da comarca de Monterrei que goza de cada minuto escribindo novos poemas e relatos curtos. Tanto é así, que vén de publicar o seu segundo libro cando acaba de superar a maioría de idade. O primeiro, 'Absurdos sentimientos', dálle tamén nome ó blog no que día a día expresa o seu sentir en forma de verso. A continuación, 'Sentimientos difusos', leva poucos días á venda pero xa está triunfando.
Que diferencia hai entre este poemario e o anterior?
A estructura é semellante: poemas e relatos curtos baseados, en gran medida, nas miñas experiencias. En 'Sentimientos difusos' dou un paso máis alá en certos aspectos e céntrome moito na filosofía, a política e a sociedade. Fago moita incidencia neses temas porque me gustan moito. En 'Absurdos sentimientos' non todo eran vivencias propias pero era máis sobre sentimentos.

De feito, tamén escribín sobre política, sociedade e filosofía porque quero que a xente vexa como me sinto ante todo o que está ocorrendo no mundo.

E como se sente?
Non moi de acordo en como están levando a sociedade e a economía, sobre todo. Creo que hai que buscar alternativas e a min o que me gustaría é que a xente abrise os ollos.

Polo que eu teño vivido, si que é verdade. Hai veces que intento falar destas cousas con xente da miña idade e os argumentos que dan creo que son algo pobres, como se lles viñeran impostos.

En 'Sentimientos difusos' non optamos polo sistema das editoriais, senón que se trata dunha autoedición. O anterior, 'Absurdos sentimientos', non obtivo os resultados que agardabamos e, por iso, con este quixemos ir máis alá. Ata agora está dando bos resultados.

Onde pode mercarse?
De momento, nas librerías de Verín, pero as persoas doutros sitios poden poñerse en contacto comigo no meu blog (absurdos-sentimientos.blogspot.com).

Cal está sendo a acollida deste novo libro entre o seu círculo?
Entre a xente da miña idade vexo un pouco de indiferencia. As que máis me están felicitando son persoas máis maiores.

Te puede interesar