FERIA ARTESANAL

O Salón Gastronómico acolle a 23 productores da marca “Excelencia"

Os artículos son feitos artesanalmente en Galicia e Norte de Portugal 

Un total de 23 productores de Galicia e do Norte de Portugal participan esta fin de semana no Salón Gastronómico de Produtos de Excelencia da Eurorrexión, ubicado na praza de Pontevedra. O Centro de Produtos Tradicionais, xestionado polo Concello do Barco, organizou esta feira có obxectivo de promocionar os artículos que os seus asociados elaboran de forma "tradicional e artesanal", dixo o alcalde do Barco, Alfredo García durante a inauguración do evento, no que tamén estiveron a concelleira de Comercio da comarca, Irene Dacal e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Os que se acheguen ata a carpa poderán ter a oportundidade de probar e mercar queixo, mel, doces, mermelada e viños de varias zonas como Portugal, Valdeorras, O Ribeiro e Ribeira Sacra. Productos todos eles que contan coa etiqueta "Excelencia". A feira gastronómica é froito dun proxecto europeo impulsado polo Eixo Atlántico. Actualmente, conta con 50 adheridos e con este son xa catros os anos que se leva celebrando. Os seus organizadores teñen a vontade de continuar festexando este evento con novas incorporacións. Así o confirmou o alcalde de O Barco, Alfredo García: "No mes de decembro presentaremos unha nova solicitude de fondos europeos, no que se unirán a Eurorrexión Chaves- Verín e o concello de Bragança".

O alcalde de Ourense destacou a importancia de potenciar o mundo rural lembrando que detrás dos 23 productores "hai outra xente que está seguindo o exemplo e se asentaron no rural para encontrar así o seu modo de vida", explicou. O salón gastronómico estará aberto ata hoxe de 11.00 a 14.00 e de 17.00 ata as 21.00 horas, horario no que poderán visitar 10 adegas, tres empresas de elaboración de doces, tres queixerías, unha de embutidos e cinco de produtos do campo.

En canto a polémica xurdida polos danos ocasionados nas losetas pola instalación da carpa, Vázquez afirmou que "a propia organización da feira comprometeuse a arranxar a situación".

Te puede interesar