Estimou que o citado proxecto básico sairá a licitación en 'poucas semanas'

Silva calcula que o proxecto básico do AVE Vigo-Ourense durará un ano e mantén 2015 para o fin das obras

Carmela Silva
A voceiro do PSOE no Senado, Carmela Silva, recordou hoxe que o Goberno xa aprobou definitivamente o estudio informativo do AVE Vigo-Ourense por Cerdedo e, explicou que 'en moi breve espazo de tempo' se licitará a redacción do proxecto básico, a elaboración do cal durará un ano. En todo caso, explicou que 'este ano non atrasará para nada' que a infraestrutura poida estar en 2015, o prazo comprometido polo Ministerio de Fomento.
A socialista destacou que a elaboración do proxecto básico necesitará tempo posto que se trata dun documento onde se detalla o contido e o custo do proceso, entre outros aspectos. O obxectivo do documento é que, cando se adxudique a unha empresa o proxecto técnico e construtivo, esta adxudicataria 'non poida facer modificacións' que puidesen supoñer incrementos da inversión.

Nunha rolda de prensa en Vigo, estimou que o citado proxecto básico sairá a licitación en 'poucas semanas', ao tempo que recordou que, despois, se adxudicará de forma conxunta o proxecto técnico e a construción.

Silva destacou que mentres algúns 'puxeron en dúbida' esta infraestrutura, 'estase a ver que se están a cumprir todos os prazos que o ministro de Fomento vai anunciando'. Así mesmo, indicou que, malia as medidas de recorte de gasto do ministerio, as infraestrutura de Vigo 'non verán recortada a súa inversión'.

En canto á definición do financiamento das obras do AVE entre Vigo e Ourense, a socialista asegurou non estar preocupada 'en absoluto polo tema do financiamento privado' e mostrouse 'absolutamente confiada de que o ministro de Fomento ten teno pechado e ben pechado'. 'Non é unha apreciación subxectiva, senón o coñecemento público do bo xestor que é', concluíu.

Te puede interesar