Taboadela pide pasar os terreos do polígono á Deputación

O PSOE de Taboadela reclama transferir á Deputación os terreos que ocuparía o parque empresarial, actualmente en mans do Instituto Galego de Vivenda e Solo, co fin de desenvolver proxectos estratéxicos para a provincia. Nunha iniciativa que se debaterá no próximo pleno provincial, os socialistas defenden este cambio ante o “total abandono” da Xunta. “Non hai intención algunha de desenvolver actuacións na área planificada en terreos de Taboadela”, denuncian.

Te puede interesar