ESTADÍSTICAS

As taxas de criminalidade de Barbadás, en indicadores moi baixos

Barbadás. 13-12-16. Provincia. Xunta de seguridade en Barbadás.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera As principais personalidades políticas e institucionais nunha reunión en Barbadás.

Os datos analizados amosaron unha tendencia a baixa ata outubro de 2016

Representantes das diferentes Forzas e Corpos de Seguridade e Policía Local, xunto subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, e o alcalde de Barbadás, Xosé Carlos Valcárcel, abordaron os datos de criminalidade no Concello de Barbadás cunha tendencia á baixa.

As estadísticas amosan unha tendencia descendente dende xaneiro a outubro de 2016 das infraccións penais. Además tamén se analizaron as faltas leves e o aumento das denuncias por infraccións administrativas e as infraccións penais sen delito contra a seguridade vial.

Declaracións

O subdelegado do Goberno, Roberto Castro, incidiu no traballo de coordinación entre as Forzas e Corpos de Seguridade e a Policía Local como “unha das claves da significativa baixada nos rexistros de delitos cometidos neste concello que está a medrar poboacionalmente de xeito considerable”.

Roberto Castro amosou a súa satisfacción polos resultados estatísticos en materia de actividade delictiva en todas as grandes vilas da provincia e significou o aumento da eficacia na resolución dos casos “ o que demostra o gran traballo, nunca esquecido, que desenvolven as Forzas e Corpos de Seguridade a prol do benestar da cidadanía”.

Te puede interesar