Provincia

Unhas xornadas ferroviarias revivirán a estación de Molgas

Ourense. 19-10-2015. Presentación xornadas Estaciones. Paco Gil, Rosendo Fernández, José Manuel Rodríguez.  Paz
photo_camera Francisco Gil, Rosendo Fernández e Manuel Rodríguez na presentación das xornadas ferroviarias.

As actividades terán lugar os días 22, 23 e 24 de outubro e pretenden recrear a historia do ferrocarril

 A estación de Baños de Molgas acollerá os días 22, 23 e 24 de outubro as xornadas ferroviarias "El patrimonio ferroviario como tractor de productos turístico-culturales". Así o confirmou onte o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, durante a presentación da actividade na sala de xuntas da Deputación. A celebración das xornadas é froito do "bo resultado do proxecto europeo Estaciones Vivas", dixo Fernández e que consistiu na rehabilitación do Funicular de Santa Luzia, ubicado en Viana do Castelo así como das infraestructuras ferroviarias de Baños de Molgas, Castrelo do Val, Santa Cruz de Arrabaldo, Os Peares, Vilar de Barrio e Vilavella. 


"Trátase dun plus de 60.000 euros que a Unión Europea nos deu por cumprir os obxectivos", explicou o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, quen tamén destacou a creación de productos como o tren turístico, un éxito xa que "este ano se vendeu o 100% da oferta que había e estamos valorando incrementar dúas ou tres frecuenicas máis por ruta". Nesta mesma liña, Rodríguez anunciou que se aumentará o número de prazas do campamento de verán de inglés que se celebra en Baños de Molgas para nenos de entre 14 e 16 anos e que na próxima edición tratará sobre a música. Asimesmo, na primavera poranse en marcha sesións de música, xa que "hai moitos grupos emerxentes que lles falta ter a maqueta para poder grabar un disco", dixo o xerente. 


O coordinador das xornadas, Francisco Gil, dixo que durante estes tres días se tratarán aspectos relacionados có mundo do ferrocarril dende o punto de vista etnográfico e patrimonial destacando que "poucas liñas en Europa teñen a beleza das que atravesan a provincia de Ourense", dixo Paco Gil. O resultado será a conservación do patrimonio cultural das antigas estacións de ferrocarril "dando vida ao rural e recuperando tradicións pasadas", explicou Fernández. 

Te puede interesar