Ex jefe provincial de Telecomunicacións

Xosé Lois González Vázquez: ‘Son positivo, e confío en que a cobertura da TDT na provincia sexa superior ao 90%’

Xosé Lois González Vázquez. (Foto: Archivo)
Despois de 17 anos de servizo, Xosé Lois González deixa hoxe a Dirección Provincial de Telecomunicacións e asegura que o fai ‘cos deberes ben feitos’.
Que foi o mais satisfactorio da sua labor ao frente da Dirección Provincial de Telecomunicacións?

Este traballo xa me deu moitas satisfaccións a nivel persoal e profesional. Deixo o posto cos deberes ben feitos, dende a xestión do aspecto radioeléctrico ata a implantación das novas tecnoloxías, que supuxeron unha grande revolución. Penso que soubemos levar a cabo as iniciativas do mandato estatal neste apartado.

E o mais complicado?

Recordo que tivemos que resolver un problema de interferencias nun satélite adicado á detección de catástofres, o que supuxo un gran esforzo para o noso equipo humano. A verdade é que estou moi agradecido polo comportamento de moitos funcionarios que traballaron na dirección provincial, pois eu sei que eles deron o seu máximo esforzo, pois a xente traballou ata co brazo escaiolado.

Por que decidiu pre-xubilarse do seu posto?

Voume porque podo facelo coa prexubilación voluntaria, pois os requisitos son ter 60 anos cumplidos y 30 de servizo como mínimo, o cal supero pois teño xa 36 de labor.

Como naceu a súa inqueitude polas telecomunicacións?

Dende que era estudante, pois tituleime como inxeniero técnico de Telecomunicacións na Uni versidad de Alcalá de Henares. Recordo que tiven moitas ofertas de traballo en Madrid pero eu quería regresar a miña terra, polo que en 1974 me convertín en xefe da Liña de Telégrafos en Pontevedra. Logo obtiven a oposición de Xefe de Servizos Técnicos de Telégrafos, antes de que se fusionara esta entidad con Correos.

En que situación atópase a implantación das novas tecnoloxías na provincia?

O acceso a internet aínda vive unha situación precaria na provincia. Con todo, na cidade, o Concello está levando a cabo iniciativas para que todos os cidadáns teñan cobertura. O problema está na provincia, xa que hai un gran abandono do rural e moitos pobos, incluindo o meu, non teñen unha cobertura de telefonía móvil o de internet adecuada. Os operadores do servizo a nivel estatal din que xa teñen cuberto o porcentaxe obrigatorio, pero toman en conta todo o país e non un muestreo específico da provincia ourensá, onde moitas veces a cobertura non chega nin ao 40%. Ademais, en Ourense temos o problema dunha orografía complicada.

E que pasa coa implantación da TDT na provincia?

En cuestión de informar á xente sobre os cambios que supoñe a chegada da Televisión Dixital Terrestre cumprimos. A partir de agora, virá a parte máis complicada que é a implantación. O apagón analóxico adelantarase no oriente da provincia, dende A Rúa ata Verín, pois será o día 30 de xuño. Son optimista e confio en que a cobertura na provincia sexa superior ao 90%. Con todo, as poboacións que non teñan cobertura polas súas condicións territoriais terán a oportunidade de ter TDT vía satélite de forma gratuita.


Te puede interesar