urbanismo

A Xunta adxudica as obras de rehabilitación de dous edificios máis na rúa do Vilar

Actualmente, a Xunta xa está a rehabilitar o edificio emprazado no número dous desta rúa desde o pasado mes de abril

A xunta adxudica as obras de rehabilitación dos inmobles número 3 e 5 da rúa do Vilar, onde se fará un investimento de case 500.000 euros e deberán realizarse nun prazo máximo de doce meses, e nos que se obterán tres vivendas unha vez rematas as obras.

A Xunta está a rehabilitar actualmente o edificio emprazado no número dous da mesma rúa, unha obra que foi iniciada no pasado mes de abril e que dispón do mesmo prazo de execución.

As obras de rehabilitación no casco vello de Ourense continuarán coas actuacións  nas rúas Pelaio, Manuel Sueiro, Cervantes e Dous de Maio, onde se destinará un presuposto de máis de 700.000 euros.

Te puede interesar