VERÁN

Castrelo de Miño acondiciona as piscinas de cara á sua reapertura

As instalacións permanecerán abertas ó público entre o vindeiro 1 de xullo ata o 31 de agosto

O concello de Castrelo de Miño está realizando obras de reparación nas piscinas municipais para a súa apertura estival. Abrirá do 1 de xullo ao 31 de agosto, en horario ininterrumpido de 11,30 a 20,30.

Como todos os anos, haberá tamén actividades de ximnasia na auga para maiores, e cursos de natación.

Nesta semana pasada inciouse a reforma e mellora dos dous vasos, tanto do vaso infantil como do vaso para adultos. As obras de reforma consisten en rexuntar de novo con mortero especial con resina, todas as xuntas da piscina, e cambiar todas as placas que están deteriorado.

Tamén se está procedendo a arranxar os rebosadeiros. Estas obras consiste nunha reforma estructural, que era moi necesaria para adecentar estas instalacións e tendo en conta que non se fixera ningunha actuación desde tipo desde a construcción destas instalacións, hai case 20 anos, segundo sinalou o alcalde de Castrelo, Xurxo Rodríguez Méndez.

Asi mesmo, tamén se iniciou o proceso de contratación dos 4 traballadores necesarios para o funcionamento das piscinas. Poderán optar aos postos de traballo todas aquelas persoas que se inscribiran na bolsa de traballo municipal na categoria de limpeza e mantemento de piscinas.

Finalmente, o Concello tamén traballa no corte e rego do cespede, tanto no espazo interior da piscina, como do exterior do recinto, para que esté en perfectas condicións para o día da súa apertura.

Te puede interesar