As mellores imaxes dos medios galegos, en Pontevedra

A sede da Fundación Caixa Galicia en Pontevedra acolle unha exposición coas 50 mellores imaxes publicadas nos medios de comunicación galegos durante 2009, elixidas polo certame 'A imaxe de Galicia 09'. A gañadora desta iniciativa da fundación e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) foi a fotografía 'Infante' do reporteiro gráfico Xoán Arias Soler.
A mostra, que leva o mesmo nome que o certame, estará exposta ata o 24 de outubro e as súas imaxes tamén poderán observarse no catálogo editado pola Fundación Caixa Galicia. Entre elas está unha de Miguel Angel, fotógrafo de La Región. A publicación tamén inclúe a colaboración dos directores de 14 xornais galegos.

Te puede interesar
Más en Sociedad