ENTREVISTA, NUEVOS RETOS EN LOS CONCELLOS

Enrique Álvarez: “No PSOE temos tres deputacións agora en Galicia, e todo segue igual"

dsc00651_result
photo_camera Enrique Álvarez Barreiro, alcalde de Vilamartín.

Unha moción de censura sustituiu, no mes de  xaneiro do ano  2013, ó socialista  pola popular María Jesusa Candal Jarrín na alcaldía de Vilamartín

Unha moción de censura sustituiu, no mes de  xaneiro do ano  2013, ó socialista Enrique Álvarez Barreiro pola popular María Jesusa Candal Jarrín na alcaldía de Vilamartín de Valdeorras. Dous anos despois o candidato do PSdeG-PSOE a ocupou de novo, mais esta vez cunha cómoda maioría absoluta, obtendo seis concelleiros, por dous do Partido Popular e un Alternativa Veciñal.

Cre que a moción de censura influíu nos resultados? Desapareceu a división de aquel momento?
A moción de censura enfadou a moita xente. Houbo voluntarios que recolleron firmas contra ela. Presentaron máis de 800. Era inxustificable. A día de hoxe, non se sabe o motivo, non me consta. Unha das versións foi que o pedían os veciños. Nós tiñamos 800 firmas en contra. O resultado das eleccións tiña que ser ese. A xente manifestouse e nós pedimos que estivese tranquila, que a solución estaba nas urnas. Os veciños votaron e dixeron o que querían. Agora, está todo superado. Na rúa non se palpa mal ambiente.

Algúns concelleiros da oposición faltan aos plenos. Como foron estos primeiros meses do mandato?
O concelleiro de Alternativa Veciñal estivo en todos. Sempre trae algún tema e nós contestamos. Non teño queixa do comportamento de ninguén. Anque eu non son a persoa máis adecuada para falar. Despois da moción de censura só asistín a dous plenos. Dixen que non ía a máis se non se me deixaba falar ou quedaban sin resposta as miñas preguntas. Eu deixo que fale todo o mundo. Ata os veciños poden rexistrar preguntas e facelas no pleno.

Como atopou o Concello ó seu regreso á Alcaldía?
A vez anterior, encontramos un concello cunha débeda de 1,4 millóns. Estivemos un ano e sete meses gobernando e conseguimos pagar a metade. Cando entramos prácticamente non había cartos para pagar ós traballadores e deixamos 300.000 euros no banco, mais xa non estaban cando chegamos por segunda vez e a débeda de 700.000 euros está igual porque só se pagaron 80.000 euros. É dicir: seguimos cuns 600.000 euros de débeda.

Tamén fala de irregularidades?
Nos últimos catro meses, e sen partidas orzamentarias, empezaron a facer obras a dedo. Como viñan as eleccións quixeron quedar ben e como o alcalde deixara 300.000 euros, e nós temos a valentía de facer o que nos da a gana, gastamos todo o que queremos. Todo isto acaba no xulgado. Hai algunha ferreteráa á que lle adebedamos 7.000 euros por materiais que non sabemos onde están. Con todas esas facturas que nos chegan dos 300.000 e os 600.000 euros volvemos a estar no millón de euros. Estamos facendo un informe e devolvéndoas. Queremos saber onde se puxeron os materiais. Ademais, meteron polo medio ós operarios do Concello dicíndolles que pediran cousas para tal sitio, sin ser verdade. Os están metendo nun problema. Son cantidades moi importantes. En concepto de limpeza de pobos e algunha obriña máis, son 135.000 euros. Eu, con 100.000 euros e a nosa brigada, limpo os pobos 20 anos seguidos.

Entendo que levará ás irregularidades ó xulgado...
Todas estas cousas queremos denuncialas. Estamos devolvendo estas facturas. Quero que un xuíz dirima responsabilidades. Se temos que pagar porque é xusto pagamos. Non acusanos nin a ningúen nin a ningunha empresa. Un avogado nos di que hai irregularidades e colleremos todo e o levaremos onde temos que levalo. Se a Lei di que non podes facelo porque non hai partida orzamentaria, que o xuíz actúe en consecuencia.

Están suplindo a falta de recursos con voluntarios. As administracións axudan?
A xente estase volcando con Protección Civil, mais non temos equipos de nada. So temos os nosos corpos para saír cando hai un accidente. Na última conversa coa Xunta, nos dixeron que, como mínimo, tiñamos que levar un ano funcionando para optar ás subvencións. Estivemos funcionando ano e medio, pero despois perdeuse e empezamos de novo. É que nin chalecos nos manda! Así non podemos ir ós sitios, ata estamos en perigo!

Tamén hai voluntarios noutras tarefas. Como o conseguiron?
A xente está sendo moi consecuente. O feito de que a situación do Concello sexa complexa nos sensibiliza máis a todos. Nos comunicamos polo facebook cando ven algo que poden facer porque teñen tempo libre. Agora, no Rexistro está unha voluntaria. Temos dous conductores de excavadora. Un deles vai comenzar próximamente porque ten catro ou cinco meses que non vai facer nada e traballará coa máquina do Concello a cambio de nada. O outro  está disponible os fins de semana e despois das seis da tarde, ao saír do traballo.

Como se portan as distintas administracións con Vilamartín de Valdeorras?
Ca Xunta e con Madrid nunca tiven ningunha relación. Nada. Eu son antideputacións. Para min son entes obsoletos, anacrónicos e deben desaparecer. Non falo so da de Ourense. Agora mesmo temos a posibilidade de ter tres deputacións en Galicia e todo segue igual. Ao mellor, algúns partidos tiñan que ser consecuentes co seu discurso e entre eles o que eu represento. Se estamos todos de acordo en que son anacrónicos, deberían facer que isto parase. O Bloque ten o mesmo discurso. Sempre que sexa dunha cor política vaise acercar á que representa. É inevitable e non é xusto. Se hai que administrar eses cartos, que sexa un ente carente de cor política. Temos que apartar unha administración e un montón de xente e diñeiro e que este vaia directamente aos concellos. Con isto, evitamos moito gasto e enchufismo.

Te puede interesar