Preocupación por la cercanía de las llamas a los explosivos de una cantera

Lumes en Casaio e Viana

Helicóptero dirigiéndose al incendio de Casaio.
A chegada de choiva axudará na extinción dos lumes forestais de Viana e Casaio, onde a proximidade dos explosivos dunha canteira de pizarra fixo extremar as precaucións ás brigadas e incluso levou a planear a denotación controlada, que ao final non foi levada a cabo, a última hora do xoves.
Continúa activo o lume rexistrado no municipio ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, que se iniciou onte ás 16.30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, que se confirmarán tras o parametrizado, a superficie afectada é de máis de 200 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 10 axentes forestais, 32 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 8 helicópteros e 11 avións.

Segue tamén activo o lume rexistrado no municipio ourensán Viana do Bolo, parroquia de Grixoa, que se iniciou onte ás 19.12 h. Afecta, segundo estimacións provisionais que se confirmarán tras o parametrizado, a unha superficie de máis de 20 hectáreas. No seu control levan traballado 1 técnico, 4 axentes forestais, 14 brigadas, 6 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 2 avións.

Te puede interesar