Os poetas da Ribeira Sacra amosan a súa obra en A Rúa

'A poesía é unha arte para minorías'

Rosa García Machado.
Unha poeta ruesa Rosa García Machado conqueriu reunir nunha adega de A Rúa a un grupo de colegas da Ribeira Sacra. É a súa estrea nos poemas ante o público.
A poesía e o viño danse cita hoxe nunha adega de A Rúa: “A Coroa”. A promotora é a poeta ruesa Rosa García Machado, que convocou aos seus compañeiros no grupo de poetas de A Ribeira Sacra, nun encontro ao que poderán asistir por primeira vez todos os afeccionados ás letras.

Como xurdiu a idea de organizar un encontro poético nunha adega?

A decisión xurdiu hai tres anos, nunha reunión que promoveu o mestre de Montefurado (Lugo) Pepe Pol. A partir de aí empezamos a visitar a concellos ata contactar, hai dous anos, coa alcaldesa de Sober (Lugo), quen nos apoiou.

Quen constitúe o colectivo?

Somos 18 membros, a maioría de Monforte e Sober, e non temos ningunha axuda. Cada un de nós pon do seu peto os cartos para os gastos.

Con que obxectivo organizaron o encontro de A Rúa?

O propósito é difundir a poesía e dar a coñecer as adegas da zona, neste caso as de A Rúa. Reunímonos cada tres ou catro meses e o Día das Letras Galegas imos a algún concello.

Non é chocante organizar un acto con poetas da Ribeira
Sacra nunha adega da Denominación Valdeorras?

Penso que non hai competencia entre as dúas denominacións de orixe.

Que momento atravesa a poesía na comarca?

A poesía é para as minorías. Cando nos xuntamos, normalmente somos máis os poetas que a xente que asiste. Nos encontros recitamos poemas, comemos e marchamos. Esta vez, propuxen facelo nun lugar aberto á xente e pensamos na adega “A Coroa”, de A Rúa. Será un día excepcional.

Que beneficios otorgan este tipo de encontros poéticos?

Aportamos moito a convivencia cos demais poetas. Nas reunións intercambiamos ideas ou cousas.

Te puede interesar