A resistencia na provincia

Esta lápida de mármol que se conserva en el pequeño Museo del Santuario de Los Milagros en Maceda, recordaba las fechas en las que el ejército de Franco se iba apoderando de España. Finalizaba con el texto del parte que ponía fin a la guerra y  estuvo col
Exitoso o Alzamento na capital, a resistencia trasladou-se a outros puntos da provincia, na zona centro e este da mesma.
Foi unha resistencia irregular, desorganizada e desesperada, moi ligada ás vilas e pobos de concentración obreira e de sindicalismo socialista e comunista. Así, as zonas de mayor resistencia son as que xa rexistran mayor conflictividade obreira nos anos republicanos e particularmente en octubro de 1934, primeiro acto da propia guerra, como Arrarás, quen destaca o papel dos sindicatos e sociedades agrarias e engade: '? más peligroso fue el contagio debido a las gentes allegadizas que empezaron a trabajar en las obras del ferrocarril Zamora-Orense-Santiago. A todo lo largo del recorrido de esta línea férrea, se fue marcando una zona predispuesta para la subversión? En julio de 1936, el Ejército y los patriotas encontraron aquí las únicas débiles resistencias'. Efectivamente foi no eixo Paderne-Maceda-Vilar de Barrio-A Gudiña onde a resistencia foi mayor, ao que hai que engadir outros dous núcleos en Verín e na comarca de Valdeorras.

Noutras vilas, a resistencia foi case inexistente. Caso de Carballiño, zona de hexemonía monárquica e calvosotelista; Celanova, onde hai algunha escaramuza con militantes comunistas na estrada con varias víctimas; ou Allariz, onde só algúns grupos das aldeas próximas intentaron infructuosamente marchar cara a capital para unirse á resistencia. En Celanova, Ribadavia e Arnoia as autoridades municipais republicanas e os militantes esquerdistas intentaron tomar medidas de defensa, pero ríndense ante a presenza das forzas da Guardia Civil.


MACEDA E COMARCA

A comarca de Maceda (Paderne, Baños de Molgas, Vilar de Barrio?) era zona de influencia obreira, concretamente comunista, especialmente pola actividade do veterinario de Maceda, Benigno Alvarez, e polo feito de que Vilar de Barrio era residencia de moitos obreiros da vía férrea.

En Maceda formou-se un Comité de Defensa, presidido por Demetrio Alvarez (irmao do líder comunista Benigno), comité que movilizou aos obreiros do ferrocarril de Vilar de Barrio na noite do día 20, instalándose na Sociedade de Agricultores e aprovisionando-se de armas e dinamita. Fixeron varias detencións de sospeitosos e planearon accións como a voladura da Ponte Nova e o saqueo do Balneario, que finalmente non se levaron a cabo. Despois en Baños de Molgas chegaron a concentrar-se varios centos de obreiros do ferrocarril coa intención de ir en axuda de Verín para limpiala de fascistas. Pero a última hora da tarde do 21 caiu sobre Maceda e comarca unha columna do exército, dirixida polo capitán Navas (e auxiliada por falanxistas e forzas da Guardia Civil) que fixo fuxir aos concentrados. Algúns resistieron nos arredores do Santuario dos Milagros durante varias horas. Finalmente foron vencidos e dispersos, deixando catro mortos na zona e moitos detidos que foron conducidos a Ourense. Fíxose cargo da comarca, como delegado gubernativo, Ramón Zorrilla, Comandante Médico de Sanidade Militar. Nos días seguintes a prensa rexistra a existencia de partidas de 'extremistas' polos montes de Paderne e Maceda. Ainda o 26 de xullo foi asasiñado un mozo fascista (Carlos Quintas) cando practicaba un rexistro nunha casa dun povo perto de Maceda. Ao parecer o responsabel foi un amigo concellal comunista e, en represalia, os fascistas matárono a el e feriron gravemente ao seu pai.


VERÍN

En Verín, zona de forte afiliación sindical, fanse fortes os republicanos e fanse donos da situación, co apoio dalgúns obreiros do ferrocarril fuxidos da comarca de Maceda. Dirixiron a resistencia Ramón Fuentes, Sergio Romero e Manuel García Becerra, contando co apoio pasivo dos carabineiros. Dende Ourense desprazou-se Fernando Gordón, administrador de aduanas de Verín e frentepopulista, que sae da capital con Manuel Gómez del Valle o día 20, dando a voz de alarma nas poboacións intermedias. Foron interceptados e detidos en Xinzo de Limia (serían fusilados o 11 de agosto en Ourense). En Verín, o Comandante da Praza pediu reforzos a Ourense, que enviou unha columna da Guardia Civil ao mando do capitán Ros, que chega a aquela vila o 23 de xullo con máis de setenta homes armados.

Os reforzos militares obrigan a fuxir aos milicianos e conseguen o apoio dos carabineiros de Verín, ocupando a vila sen mayor resistencia. O capitán Juan Ros Hernández faise cargo da autoridade na vila e envía a Ourense quince detidos. Nos días seguintes (agosto) falanxistas e Guardia Civil fan varias batidas pola comarca (Campobecerros, Verín até Vilar de Barrio e A Gudiña), cunha forte represión e numerosos detidos.


VALDEORRAS E A GUDIÑA

Nos primeiros días houbo resistencia tamén por terras de Amoeiro, cunha partida de douscentos fuxidos, que logo se dirixen cara A Peroxa para cruzar máis tarde o Miño e chegar a San Miguel de Campo. Na comarca de Valdeorras, a resistencia foi organizada polo alcalde, Abdón Blanco, e as sociedades comunistas, moi fortes na comarca (ver, ao respecto, as memorias de Santiago Alvarez). Fixéronse con armas e detiveron a varias autoridades contrarias á República, pero o día 21 foi enviado dende a Rúa un continxente da Guardia Civil e voluntarios fascistas. Tras un enfrentamento armado cos milicianos en Vilamartín, as tropas entraron no Barco ao atardecer do día 21, procedendo a deter ao alcalde e varios dirixentes, mentras outros fuxían aos montes máis achegados. (Máis de 2.000 camaradas, según S. Alarez). Tamén houbo batidas na zona de Trives, onde foi detido por un garda forestal o ex deputado socialista Ramón Fuentes Canal.

A Gudiña, zona límite de influencia do ferrocarril, foi a derradeira resistencia organizada contra a rebelión militar. Alí, os ferroviarios contaron co apoio para a sús organización dun sarxento de carabineiros, simpatizante esquerdista, e de Felicísimo Pérez, dirixente do Frente Popular e anteriormente alcalde da vila. O día 23 sae para a mesma unha columna do exército, guardias civís, carabineiros e falanxistas, ao mando do capitán Ros. Entran na vila o día 25 e os milicianos resisten, até que teñen que fuxir, facendo voar varias pontes e cortando as comunicacións na súa retirada cara Ponferrada. O día 26, a sublevación trunfara en toda a provincia.

(*) Historiador. Publicado en LA REGION en agosto de 1986.

Te puede interesar