CINE EN VERÁN

Sesións de cine ao aire libre abren o programa das festas en Maside

Maside. 20-08-2016. Limpeza da torre de Maside. Paz
photo_camera Praza Maior de Maside.

A igrexa parroquial acollerá o sábado, día 27, unha misa cantada pola coral a torre, seguida por unha procesión

A Praza Maior de Maside acollerá dende  hoxe e ata o vindeiro xoves o ciclo Cine na Rúa, coa proxección de tres películas a partir das 22,00 horas, e dentro do programa cultural das festas do San Vitorio, o patrón da localidade. Na primeira sesión, á de hoxe, poderase ver o filme "Hotel Transilvania 2", mentres que mañá e pasado ofreceranse, respectivamente, as películas "Ovella Shawn" e "Pixels" co mesmo horario.

A programación continuará o venres, xa que dende as 23,30 horas haberá unha "noite folclórica e de troula" pola rúa principal e os bares de Maside, que estará amenizada polo grupo Os Calandracas. O sábado 27 será o día grande dos festexos coa celebración do San Vitorio, unha xornada que abrirá a banda de música de Barbadás cun pasarrúas á primeira hora da mañá. A igrexa parroquial de Santo Tomé acollerá ó mediodía unha misa cantada pola coral polifónica local A Torre, seguida dunha procesión e un concerto da banda na Praza Maior.

Na Alameda inaugurarase, ás seis da tarde, a cuarta edición da "Feira Mostra de Artesanía Infantil", para rematar o día cunha gran verbena coa participación das orquestras New York e Catedral, e, á medianoite, unha sesión de fogo. O domingo, día 27, finalizan as festas coa banda de música do Carballiño, a orquestra Tango e o grupo La Edad de Oro.

Te puede interesar