Coñece Ourense

Por Sobrado e Celanova

Esta ruta caracterízase pola súa enorme riqueza monumental.

igrexa_loiro_resultDende Ourense a Sobrado do Bispo

O percorrido ata a vila de San Rosendo a través da estada autonómica OU-540 ten o seu inicio na confluencia da rúa de Progreso e Marcelo Macías. Esta ruta caracterízase pola súa enorme riqueza monumental. En Sobrado do Bispo consérvase un interesante conxunto monumental con casas habitadas no seu día pola fidalguía pertencentes ós séculos XVI e XVII. Tamén se conservan outras construccións de marcado carácter popular e etnográficas, situadas moi preto da súa románica igrexa parroquial, datadas no século XII.


En Bentraces está o pazo señorial de tipo rural construído polo nobre Suárez de Tanxil, na actualidade dedicado polo seu propietario ó turismo rural. A igrexa parroquial de San Martiño de Loiro constitúe unha bela mostra do noso estilo románico rural do século XII.


Chegado á A Manchica, á man esquerda, parte a estrada provincial OU-202 que conduce á capitalidade do concello: No pobo de A Corredoira parte a estrada local que conduce á A Mezquita. A igrexa de San Pedro é un gran edificio relixioso románico de transición, construído no ano 1202.
A proliferación de santuarios e de ermidas nesta zona é abundante, o que propicia a celebración de concorridas romarías de asistencia multitudinaria durante as que se desenvolven particulares manifestacións de carácter costumista: San Bieito de Cova de Lobo, As Marabillas, ca participación de singulares carros porta imaxes, vistosos ramos; A Armada, O Cristal, cos danzantes, A Aparecida, e un longo etc.


Vilanova dos Infantes é unha interesante vila medieval con sonada romaría popular a celebrar no mes de setembro. O pobo situado sobre o solar dun antigo souto conserva coidadas casas señoriais brasonadas situadas entre estreitas rúas de forte sabor popular, ademáis de atesourar o pobo, con mimo, interesantes mostras da nosa arte popular: petos, cruceiros e cabaceiros.

Dende Ourense a Celanova

igrexa_mosteiro_celanova_resultAvila de Celanova é unha poboación de marcado interese turístico. Foi, e aínda é, o camiño de unión entre a cidade das Burgas e Portugal así como paso obrigado de peregrinos cara a súa meta santiaguesa. A historia de Celanova está enraizada profundamente ca insigne figura de san Rosendo, fillo do conde Gutiérrez Méndez e a súa dona Ilduara. A fundación da vila atópase relacionada íntimamente ca vocación do xove prelado que, baixo a inspiración divina, construíu un gran cenobio benedictino. En torno ó mosteiro medrou, ó longo dos séculos, a vila.

A fachada barroca do mosteiro forma un enorme conxunto monumental que ennobrece a praza Maior. No interior da enorme igrexa, no interesantísimo altar maior, nos laterais se agochan a furnas de prata cas reliquias de san Rosendo e Torcuato. Os coros, tanto o alto como o baixo, son un verdadeiro alarde do estilo gótico. Os claustros son outra das visitas obrigadas para todos os amantes da arte; pero, sen dúbida, a pequena capela mozárabe de San Miguel constitúe o verdadeiro tesouro da vila rodesiana.

Te puede interesar