Traxes de tradición galega en Sandiás

Dende a Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos presentaron os “Encontros sobre Patrimonio Inmaterial no Camiño de Santiago”, xornadas adicadas a música, baile, vestimenta galega, etnografía contos, lendas e tradicións, que tivo lugar en diferentes puntos do Camiño de Santiago, neste caso no Concello de Sandiás. O programa desenvolveuse cunha entrevista a Antero Rodríguez Ordóñez, artesán e xastre de vestimenta tradicional que espuxo as técnicas de confección dos traxes tradicionais de Galicia. Continuou cun desfile de traxes tradicionais e rematou coa actuación das pandereteiras “Sons do Miño”-José Antonio Viñas. 

Te puede interesar