ESTE É O MEU COLEXIO

Aliméntate ben

No colexio padre crespo todos os estudantes reciben diariamente un almorzo saudable

No Ceip Padre Crespo de Xunqueira de Ambía fomentan hábitos saudables e amplian o horizonte cultural a través da gastronomía.

Os menús, feitos en colaboración co nutricionista Juanjo Vilachá, son moi variados, teñen máis de 150 diferentes. Fan receitas de diferentes países, comunidades… Potencian a cultura gastronómica, o consumo de productos frescos, ecolóxicos e a súa vez proban de todo. Isto conleva un gran traballo de organización, todo o profesorado participa no programa.

Destacar  principalmente o esforzo que se fai en cociña: tanto Felipe como Marisa fan un traballo marabilloso. Os estudantes tamén aprenden a ler etiquetados de produtos, queren que sexan conscientes e que se convirtan en consumidores responsables e que reciclen.

Tamén destacamos aos proxectos medioambientais nos que participan e a ampliación do perímetro do colexio, con novo valado exterior, construcción dunha nova entrada con rampa de acceso e no novo terreo para ubicar o horto escolar. Transformaron unha parte  do recinto escolar en zona verde e productiva. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante