O meu cole chámase...

Aquis Querquennis

O Itinerario Antonino

xornalescolar3003_aquis (1)

Antes de comezar, pensa que os límites de Galicia na época dos romanos non eran os mesmos cós actuais. Daquela, Gallaecia chegaba ata Oporto e a actual Braga era unha das súas cidades principais. En tempos do emperador Antonio Augusto, coñecido como Caracalla, trazouse o coñecido como “Itinerario Antonino”, un documento do século III d. C. que recollía tódalas vías do Imperio Romano. O obxectivo era ter un control militar sobre a extensión dos dominios de Roma na época a través deste particular mapa de estradas, algo similar ó gps que tes hoxe no teléfono móbil. 

A Vía XVII

xornalescolar3003_aquis (1)_1

O que hoxe coñecemos como “Vía Nova” era daquela a Vía XVIII. Como dixemos, Braga (Bracara Augusta) era unha das cidades principais da Gallaecia daquela época, xunto con Lugo e Astorga (hoxe en León). Esta última era o destino desta “estrada” que partía de Braga e que atravesaba as terras da actual Baixa Limia. A súa lonxitude é duns 330 kilómetros, unha distancia de 215 millas na medida dos romanos. Estas millas marcábanse con pedras como as da imaxe, que se chamaban miliarios e que aínda se conservan en moitos puntos desta Vía Nova.

Aquis Querquennis

xornalescolar3003_aquis (2)

Pero, sen dúbida, o resto máis importante desta Vía Nova é o lugar coñecido como “A Cidá”, ó que os romanos chamaban Aquis Querquennis. Trátase dun campamento romano situado na actual parroquia de Baños de Bande. O lugar, construído  a finais do século I d.C. continúa sendo hoxe un importante reclamo turístico, que pode visitarse cando o nivel do embalse das Conchas o permite. Este ben de interese cultural é ademais o que lle dá nome ó instituto de Bande, ó que acoden mozas e mozos da Baixa Limia facéndolle diariamente unha homenaxe a toda esta historia de romanos. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante