Lixoteca

Caleidoscopio infinito

photo_camera Segue os pasos para facer un divertido caleidoscopio con materiais moi sinxelos.
Hoxe imos elaborar un divertido caleidoscopio co que poderás ver formas infinitas e terás diversión durante horas. Os materiais que necesitas son: un tubo de cartón algo longo, unha tapa de plástico duro, un anaco de cartolina prateada, boliñas e adornos brillantes, celo mate, cinta decorativa, pegamento e tesoiras.

O primeiro que terás que facer é recortar dous circuliños sobre a tapa de plástico. A medida que necesitas é o ancho do tubo de cartón, así que fai unha marca axudándote del para que che quede da medida exacta. Non te preocupes se che queda marcado que despois non se van ver.

Colle agora a cartolina prateada e marca un ancho que sexa como dous centímetros máis curto que o longo do tubo de cartón. En canto ó longo da cartolina, dependerá do diámetro do tubo, así que mira máis ou menos. En calquera caso, terás que marcar tres partes iguais para facer un triángulo con el e introducilo no roliño.

Cando o teñas, céntrate na parte do rolo de cartón que quedou sen cubrir polo triángulo interior e pega aquí un dos circuliños de plástico que fixemos ó principio. Sobre el, coloca un montonciño de abalorios e adornos variados. Non teñas medo de pasarte, é mellor que teñas de máis que de menos.

Ten coidado de que non che caian os abalorios e, sobre eles, pega o outro circuliño de plástico que tiñamos reservado. Para lograr un efecto trasnlúcido, cúbreo con cinta adhesiva mate. Xa só queda que decores o teu caleidoscopio como máis che guste. Unhas cintas decorativas xa lle darán un toque especial.

Agora si! O teu caleidoscopio xa está listo para que comeces a observar as infinitas formas que che ofrecen os abalorios. Verás que é imposible conseguir dúas veces a mesma composición. Este xogo permíteche tamén comprender como funcionan os espellos, así que xa sabes… Mans á obra!

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante