XORNAL ESCOLAR

Clima familiar en Telemiño

Telemiño. 07-03-16. Local. Grabación do programa do Xornal Escolar de Salesianos en Telemiño.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Grabación do programa do Xornal Escolar de Salesianos en Telemiño.

Os alumnos e profesores de salesianos mostráronse en telemiño moi cercanos e divertidos, un ambiente moi agradable baseado no estilo educativo que quería Don Bosco

No CPR María Auxiliadora, Salesianos, non realizan xornada de portas abertas porque todo o ano teñen as portas abertas para quen queira coñecelos, incluso fora do horario escolar. Optan por un trato máis individualizado, prefiren recibir persoalmente a cada familia no momento que o soliciten e a axenda o permita. As familias que asisten ao centro poden coñecer en directo a realidade do día a día en Salesianos, visitan as aulas e o resto das instalacións do centro educativo.

DE PLENO NO CONCURSO

Trala presentación do centro, comezou o concurso onde someteron ao profesor, Alvaro Castro, a tres probas ben distinguidas: "qué será será", "que acción é, qué faría se fose" e por último "quen é". O profesor respondeu a todos os enigmas con éxito.

Laura Meiriño de 2º da ESO A, Carlota Pombar de 2º da ESO B e Manuel Ucha de 2º da ESO C, foros os tres alumnos, co-presentadores, que dirixiron, xunto con Conchi Pérez, este divertido e ameno programa escolar.

Álvaro Castro é o profesor que esta semana se someteu as probas dos seus alumnos, que amosaron moito interese e gozaron desta experiencia televisiva.

Para continuar, os co presentadores, Laura, Carlota e Manuel, someteron ao seu profesor a tres bloques de preguntas:

CULTURA XERAL-TRIVIAL

En que ano se aprobou a Constitución Española?

6 de decembro de 1978

Nomea, polo menos, dúas capas da terra?

Nucleo, manto, e a Corteza. Dentro da corteza: litosfera, atmósfera...

Esta pregunta tócame por especialidade. Dicir que é imposible lembrarse de todo, as clases preparámolas día a día.

En que ano se celebrou en España o mundial de fútbol?

10 anos antes que as Olimpíadas, en 1982, e gañou Italia, Alemania quedou de segunda.

PREGUNTAS SOBRE O CENTRO

Que se fai nas reunions de avaliación?

É a reunión máis importante, é como un Consello de Ministros, preside o xefe de estudos e dirixe o titor de cada clase. As notas xa están postas, facemos, por un lado unha valoración global da aula expoñendo os puntos fortes e débiles, na segunda parte analizamos individualmente a cada alumno e os seus resultados, sempre buscamos solucións para mellorar.

Como facedes os profesores para saber o nome de todos os estudantes?

Somos un centro moi familiar, tratamos aos alumnos como persoas non como números. Si que os coñecemos a todos, axúdanos a plataforma porque teñen foto e facilita o coñecemento, anteriormente tíñamos a foto en papel.

Que actividades hai no centro cando non hay clases?

Salesianos abre ás 8:00 da maña e pecha ás 11:00 da noite os 365 días do ano. E hai moitas actividades da obra Salesiana, centro xuvenil (Amencer) e centro deportivo (Asociacion Deportiva Bosco) e actividades ao longo do fin de semana.

Tamén hai actividade despois da xornada escolar tanto na parroquia como actividades organizadas por Amencer tanto apoio educativo fora do horario escolar como actividades ludicas e de ocio. Non solo hai que fomar tamen educar, aprender a vivir, a participar na sociedade.

PREGUNTAS PERSOAIS

Cal é o lugar do colexio que máis che gusta?

O colexio en xeral gústame moito, pero sobre todo o patio , non solo porque coido que temos unhas fabulosas instalacións: campos de fútbol, fútbol sala, baloncesto...e un estupendo xardín. O estilo Salesiano é estar entre os alumnos.

Que é o que máis e o que menos che gusta de ser profesor?

O que máis me gusta é estar construindo o país, estar con xóvenes, atópome moi cómodo nas aulas. O que menos me gusta é a gran cantidade de horas que pasamos en tarefas de formación, de preparación, corrixindo exames e sobre todo as tarefas administrativas. Son moitas horas que non se ven.

Como aguantas as faltas de respecto dos alumnos?

Con resignación e como un reto. Cando ocorre é que hai tarefa para traballar. Temos que sacar o mellor deles. Non é frecuente que falten ao respecto a un profesor. Están en proceso de formacion e crecemento, é normal que cometan erros.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante