XORNAL ESCOLAR

Fabulosos reporteiros chegados desde Mende

07.12.15.OURENSE.TELEMIÑO.PROGRAMA XORNAL ESCOLAR.COLEXIO JOSE GARCIA.
photo_camera Os escolares do CPI José García García.

No CPI José García García fomentan a integración e o traballo en equipo. Todos os alumnos deste centro de ensino viviron con moita ledicia unha nova experiencia televisiva

Os estudantes do CPI Jose García García teñen moito interese polo mundo da prensa, exerceron de marabillosos reporteiros no seu centro educativo e foron estupendos presentadores no plató de Telemiño. Repiten experiencia televisiva co mesmo éxito ca tempada anterior.

Cristina Rodríguez é a mestra concursante do Xornal Escolar. É a primeira vez que nos acompaña no plató de Telemiño e o primeiro ano que está no colexio de Mende. Mestra de Inglés moi integrada con todos os alumnos e compañeiros do centro educativo.

Someteuse as distintas probas do programa, respondeu con moito acerto a todas as preguntas que lle formularon os co-presentadores que xunto con Conchi Perez fan deste espazo un divertido programa moi coñecido entre os escolares da provincia de Ourense.

Alejandro Tena, Alex Garrido e Irune Blas, foron os alumnos encargados de presentar este divertido e didáctico espazo.

Cristina Rodriguez, a mestra concursante, manifestou en moitas ocasións que se sinte moi a gusto no colexio e destaca a implicación de todos na formación do alumnado.
Someteuse a varias probras que superou con moito talento, destreza, intelixencia e enxeño.

A primeira proba, Que será será?, na que tivo que acertar unha serie de obxectos tras unhas pistas que lle proporcionan os alumnos do centro nun divertido video previo.

Outra proba a superar é Que farías se foses? e por último adiviñar personaxes na proba Quen será será?. Amosou estar moi preparada e ser moi divertida na realización das probas.

Os co-presentadores do colexio de Mende formularon a súa mestra Cristina unha serie de preguntas diferenciadas en tres bloques:

Preguntas de cultura xeral

Consultas sobre o colexio

Curiosidades persoais

CULTURA XERAL

Cantas provincias ten Cataluña?

As provincias sempre se me deron moi ben: Barcelona, Tarragona, Gerona, Lérida.

Cantas montañas importantes hai en Galicia?

A mítica Manzaneda para ir esquiar, Pena Tevinca, coñezoa porque estiven na Veiga e os Ancares en Lugo.

Cal foi o primeiro rei de España?

Os reis Católicos

COÑECENDO O COLEXIO

Cantas pantallas dixitais hai no colexio?

Todas as clases de secundaria teñen pizarra dixital. En educación primaria hai tres ou catro é unha marabilla poder dar clases dunha maneira tan interactiva.

Cantas clases hai no colexio?

Nin idea. Hai tres pisos, estan arriba secundaria, na planta baixa educación infantil e primaria, aula informática, biblioteca, tecnoloxía, laboratorio...

Cantas murais hai no cole?

Hai moitos murais no cole, en moitas festividades facemos murais ao longo do ano: temos murais do Magosto, Samaín, Nadal...

O LADO MÁIS PERSOAL

Por que puxeches unha tatuaxe?

Teño unha flor de Lis, tatueina hai xa 5 ou 6 anos e púxena polo meu pai que faleceu. El facía talas de madeira no seu tempo libre e utilizaba este símbolo nos seus escudos de madeira. É unha maneira de levalo conmigo.

Que che gusta do colexio?

Do colexio gústame todo, comezando por vós (os alumnos), tamén os compañeiros que me axudaron desde o primeiro momento e encántame o entorno, non se ven edificios altos nin a circulación dos coches. Tamén destacar, ao saír ás 14:00 horas, ese cheiro a comida caseira.

Que é o que máis che gusta do mundo?

Gústame a natureza, gústame os ríos, as montañas, as praias..o aire libre...
Os sorrisos e a naturalidade foi unha constante entre todos, disfrutaron do proceso de gravación dun programa de televisión, participando, ademais, nas tarefas de realización.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante