XORNAL ESCOLAR

O gran equipo de Mende

Mende. 09-04-15. Xornal Escolar. Grabación do programa do xornal escolar no colexio José García García de Mende.
3º de primaria
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Grabación do programa do xornal escolar no colexio José García García de Mende. 3º de primaria Foto: Xesús Fariñas

O CPI Jose García García é un centro público con aulas formadas por grupos reducidos
que facilitan a atención individualizada de todo o alumnado e favorecen a integración educativa

O concurso Xornal Escolar de Telemiño permite coñecer en profundidade os centros de ensino de Ourense. En esta ocasión, os alumnos do CPI José García García de Mende son os convidados a este espazo de moda entre os escolares da provincia. Días antes da gravación en plató recibiron ao equipo de Telemiño e presentaron as súas instalacións e as actividades que levan a cabo no colexio.

As encargadas de presentar o colexio foron as alumnas Paula e Minerva de Educación Secundaria Obrigatoria.

O centro de Mende caracterízase por ter grupos reducidos nas aulas, esto permite un traballo más individualizado para responder as necesidades educativas do alumnado.
Os alumnos que participan no programa son os de 4º de Primaria, entre os que hai unha alumna con parálisis cerebral, Nerea, quen está totalmente integrada na aula. Recibe o apoio dunha profesora de pedagoxía terapéutica dentro da aula. O seu sorriso foi o protagonista do plató durante a gravación do programa e foi un pracer ver o cuidado e adicación que lle prestan todos os seus compañeiros.

Nerea fíxolle unha pregunta a súa mestra co comunicador a través do cal pode relacionarse cos seus compañeiros e profesores do centro.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante