XORNAL ESCOLAR

A máquina do tempo

img_8038_result
photo_camera Os Bolechas na máquina do tempo visitaron Ribadavia, Carballiño e Barbadás.

Os Bolechas na máquina do tempo foi un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulou unha aventura a través do tempo

O espectáculo infantil: Os Bolechas na Máquina do Tempo visitou Barbadás o pasado domingo. Unha gran función organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que ten como obxectivo promover o uso e a valoración positiva da lingua galega, especialmente entre a infancia e a mocidade. Nesta liña, o espectáculo alcanza corenta concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.

Os Bolechas na máquina do tempo foi un espectáculo de monicreques manipulados por actores á vista no que se simulou unha aventura a través do tempo. Braulio mandou a Carlos e a Pili ao futuro na máquina do doutor Apolodoro, que se estraga e acaba por teletransportar aos dous irmáns á Prehistoria. Os nenos de Barbadás foron claves para axudarlles aos Bolechas a regresar ao presente. Unha divertida xornada cos Bolechas tan queridos polos máis pequenos.

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante